Saltar ao contido

Livio Andrónico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLivio Andrónico

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(la) Lucius Livius Andronicus Editar o valor en Wikidata
c. 280 a. C. Editar o valor en Wikidata
Taranto, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mortec. 200 a. C. Editar o valor en Wikidata (79/80 anos)
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta, escritor, tradutor, dramaturgo Editar o valor en Wikidata
Período de tempoRepública Romana Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
Paisvalor descoñecido Editar o valor en Wikidata  e valor descoñecido Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia de Otto
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1001143 Discogs: 6196946 Editar o valor en Wikidata

Livio Andrónico (en latín Lucius Livius Andronicus), nado o -284 e finado o -204, foi un escritor épico romano de orixe grega, nado probabelmente na colonia grega de Tarento. Foi escravo dunha familia nobre da gens Livia. Daquela liberto, adoptou o nome do seu antigo patrón. Chegou a ser o primeiro mestre grego de Roma. É considerado o primeiro autor romano e o fundador da poesía épica romana. A súa primeira obra formal produciuna en -240, unha tradución ao latín dun drama grego. A súa contribución fundamental á épica grecolatina é a tradución da Odisea de Homero ao verso latino típico, o saturnio. Trátase da primeira obra épica en latín, precursora da obra de Nevio. Tamén compuxo traxedias a partir de modelos gregos.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Da vida deste home —primeiro nome propio na historia da literatura romana— apenas temos datos seguros. Trátase probabelmente dun grego, nado sobre o -284 en Tarento e levado como prisioneiro de guerra, novo aínda -272, a Roma, logo da caída da súa cidade natal. En Roma foi mestre dos fillos do seu señor, oficio que lle valeu a liberdade e a adopción do nome do seu patrón e protector, Lucio Livio, quizais o pai de Marco Livio Salinator, vencedor de Asdrúbal Barca na Batalla do Metauro no -207 Para celebrar esa vitoria, encargóuselle a composición dun himno en honra de Xuno, para o que Livio usou a forma do partenio (do grego párthenoi). En razón das datas de tales eventos, dátase xeralmente a súa morte uns anos despois, ca. o -204.

A pesar de que toda a súa obra está practicamente perdida - só se conserva ao redor dun centenar de versos dispersos -, Andrónico é citado polos autores latinos posteriores como o introductor en Roma de xéneros literarios gregos tan diversos como a poesía épica, a traxedia, a comedia e mesmo a poesía lírica [1].

De acordo coa pasaxe citada de Cicerón, a actividade literaria de Livio Andrónico debeu de comezar no -240. Nesa data recibe o encargo de escribir polo menos unha comedia e unha traxedia que el mesmo se encarga de representar como actor con ocasión dos ludi romani celebrados tras a vitoria romana na Primeira Guerra Púnica. Este ensaio, que moi verosimilmente consistiría nunha tradución non exenta de orixinalidade de obras gregas, tivo éxito porque a partir desa data sucédense as adaptacións de temas e metros gregos á lingua do Lacio. Con esta técnica, cuxa dependencia dos modelos gregos é imposíbel precisar, foron xurdindo obras das que apenas coñecemos algo máis que o título. As traxedias Achilles, Aegisthus, Aiax, Andromeda, Danae, Equos Troianus, Hermiona, Tereus e quizais Ino. Edítanse como seus os fragmentos das comedias Gladiolus, Ludius, Virgo.

Posibelmente anterior a esta actividade foi a súa versión da Odisea homérica, texto sobre o que debeu xirar a súa actividade docente na escola. Dos apenas 50 versos que nos chegaron desta obra é posíbel concluír que:

  • Non está escrita en hexámetros dactílicos, senón en verso saturnio, metro cuantitativo de características moi polémicas: de orixe itálica, quizais etrusca, para uns; non exento de influencias gregas para orientacións máis actuais.
  • O poeta pretendeu romanizar a epopea. Divindades gregas identifícanse con deuses romanos: Hermes é Mercurio; Crono é Saturno; as musas identifícanse coas Camenas.

A súa obra está na base de toda a épica romana e foi estudada na escola de xeración en xeración polo menos até finais do século -I. Da súa vixencia dannos fe homes desta época como Cicerón, na pasaxe citada do Brutus, e Horacio[2]. Livio Andronico ten un importante lugar na historia literaria de Roma como introductor da cultura grega e creador dunha institución, a escola. Gañou así unha decisiva influencia na vida e costumes culturais da cidade.

  1. Así, Aulo Xelio XVII 21, 42 e XVIII 9, 5; Cicerón, Brutus 18, 71 ss., e Tito Livio, Ab urbe condita Vll 2, 8, e XXVII 37, 7.
  2. nas Epístolas 11 1, 69

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Luciano Canfora, "I classici nella storia della letteratura latina", Laterza, 1994, v. Capítulo I "Roma, cidade grega" (En Italiano). Poden lerse extractos (en francés) en "Les Classiques latins, par L. Canfora". apfla-cpl (en francés). Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2013. Consultado o 29 de febreiro de 2016.